Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

27/05/22 | 14:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
27/05/22 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta implantará o Bacharelato no instituto Pedras Rubias de Salceda de Caselas o vindeiro curso e investirá preto de 2,5 M€ na súa ampliación

Este verán habilitaranse dúas aulas para que 56 alumnos cursen estas ensinanzas a partir de setembro, como primeiro paso da ampliación que se iniciará a finais de ano

27/05/22 | 12:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ultima medidas para estender e completar os servizos bibliotecarios por todo o territorio

A folla de ruta marca entre as súas prioridades afondar na atención ás persoas con discapacidade, na dixitalización e tamén na formación do persoal

27/05/22 | 12:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta terá lista a rehabilitación integral do colexio Sequelo-Marín antes de que comece o vindeiro curso

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades visita o centro para comprobar o avance dos traballos, nos que se invisten 824.206€

26/05/22 | 19:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As Xornadas de Industrias Musicais da Fundación Paideia e a Xunta rematan en Vigo a súa sexta edición cunha sesión sobre os directos

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, abriu esta última cita do ciclo, celebrada en La Fábrica de Chocolate Club coas intervencións de Violeta Hernández, de LaSuite, e Josiño Carballo, de Ernie Producciones

26/05/22 | 18:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Feira do Libro chega a Porriño co apoio da Xunta e a participación de media ducia de librarías e unha trintena de autores

É a primeira parada que este ano fai o circuíto na provincia de Pontevedra e enmárcase no compromiso da Xunta co sector do libro e o fomento da lectura

25/05/22 | 19:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez convida a afondar na obra do fotógrafo Manuel Vilariño a través da mostra que dialoga coa colección do Museo de Belas Artes

Componse de imaxes de gran formato, vídeos e instalacións que suman 51 pezas entre as que destaca un esqueleto de balea que lle dá nome ao proxecto e fai referencia á novela ‘Moby Dick’

25/05/22 | 17:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta dota con preto de 850.000 euros unha nova liña de axudas para impulsar a modernización das salas de cine galegas

O Consello aproba as bases destas subvencións para proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos, e adaptación aos novos hábitos de consumo cultural

25/05/22 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ana Abad de Larriva obtén a bolsa de dramaturxia impulsada pola Xunta e o sector teatral coa escrita ‘Bailar no ceo’

A actriz e dramaturga recibirá 6000 euros para a creación dun texto que será levado a escena como coprodución do Centro Dramático Galego