Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

01/06/22 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ofertará por primeira vez en Galicia o ciclo de grao medio de pedra natural no instituto Ribeira do Louro do Porriño na modalidade dual

Trátase dun ciclo de Industrias Extractivas, con pouca oferta en España, que permite incorporar dita familia profesional á oferta galega

01/06/22 | 12:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Afundación reivindican a Galicia urbana cun ambicioso proxecto de sete exposicións sobre a identidade das principais cidade galegas

A iniciativa ‘Cidades no tempo’, comisariada por Manuel Gago e coa participación dun equipo de máis de 60 especialistas, representa unha das propostas expositivas máis complexas organizadas en Galicia

31/05/22 | 15:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta traslada aos centros as instrucións para facilitar a planificación do vindeiro curso e dar seguridade xurídica aos docentes e certezas ás familias

Estas indicacións regulan a transición entre cursos e entre etapas derivada da aplicación simultánea das dúas leis educativas que van estar en vigor ao longo do curso 2022-23, a nova LOMLOE para os cursos impares e a LOMCE para os cursos pares

31/05/22 | 14:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o papel do novo Centro de Investigación das Paisaxes Atlánticas Culturais para situar a Galicia á vangarda dos estudos do patrimonio

Ubicado no edificio Fontán da Cidade da Cultura, vén de crearse con 73 investigadores das tres universidades galegas e do Consejo Superior de Investigacións Científicas

31/05/22 | 14:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora coa gala dos premios de teatro María Casares na que a lembranza da actriz no seu centenario será o eixo temático

O director de Industrias Culturais participa na presentación da cerimonia, que terá lugar este xoves no Teatro Rosalía Castro da Coruña baixo a organización da Asociación de Actores e Actrices de Galicia

31/05/22 | 13:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A exposición de rúa coa que a Xunta celebra o centenario de María Casares chega a Ferrol

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, inauguran na praza da Constitución a mostra ‘100 % María Casares. O teatro é o refuxio’

31/05/22 | 13:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta planifica un investimento de máis de 25 millóns en grandes infraestruturas educativas de Vigo ata 2025

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou este luns o novo taller de fotografía do IES Audiovisual de Bouzas construído cunha achega de 42.000 euros da Consellería de Educación

31/05/22 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ginés Cruz presenta ‘Palabras de piedra’, obra gañadora do I Premio Asubío de Novela co que colabora a Xunta

A publicación, narrada en primeira persoa, busca visibilizar a realidade de todas as persoas con Trastorno del Espectro Autista (TEA) e das súas familias

31/05/22 | 12:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra no Gaiás o maior evento ao redor da pandeireta cun milleiro de intérpretes na III edición do encontro galego de cultura popular ‘Serán03’

Regresa novamente baixo a dirección artística de Henrique Peón e cunha edición centrada nun dos instrumentos máis icónicos da nosa música e baile tradicional

30/05/22 | 20:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A mostra ‘Compromiso na distancia’, coa que a Xunta homenaxea a Florencio Delgado Gurriarán, recala en Santiago de Compostela

A exposición repasa a vida e obra do autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas, pode visitarse na Biblioteca Pública Ánxel Casal