Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

14/06/22 | 13:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Aberto o prazo para a incorporación de novos centros ao Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, Stembach, o próximo curso

Este programa educativo, que actualmente está implantado en 43 centros, inclúe a realización dun proxecto de investigación con posterior defensa pública, unha materia extracurricular semanal e actividades complementarias de formación

14/06/22 | 10:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebrará na Cidade da Cultura o Día da Música coa verbena urbana do compostelán Ortiga

Presentará en concerto o seu segundo disco, no que combina ritmos latinos e música urbana, acompañado no escenario por varios dos seus colaboradores habituais

13/06/22 | 21:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As longas subvencionadas pola Xunta ‘Unicorn Wars’ e ‘Os demónios do meu avô’ representan a España no festival de animación de Annecy

O Goberno autonómico colabora nas accións promocionais para poñer en valor estes filmes con selo galego durante o seu paso por esta importante cita internacional, para a que ambos proxectos poderán optar tamén ás axudas para a comercialización e difusión do noso audiovisual en eventos e mercados profesionais fóra de Galicia

13/06/22 | 12:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que Galicia reforza o seu compromiso coa FP Dual no vindeiro curso cun 20% máis de ciclos e un 25% máis de prazas

Subliña que a oferta total superará as 37.000 prazas, que significarán oportunidades para que os galegos amplíen coñecementos e poidan obter o seu oco no mercado laboral

12/06/22 | 11:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca os Contratos-Programa para que os centros educativos impulsen accións especializadas nos ámbitos da innovación e a inclusión

Nos dez anos de vixencia dos Contratos-Programa, a Administración autonómica investiu uns 60M€ que permitiron levar a cabo arredor de 4.500 plans específicos de mellora educativa

11/06/22 | 17:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Illa de San Simón acolle en xullo a undécima edición do curso de verán xuvenil de intercambio de músicas tradicionais que este ano se centra no Brasil

Celebrarase do 4 ao 10 de xullo e os cativos aprenderán tanto melodías galegas como brasileiras da man de mestres convidados e diferentes músicos

Previamente, a fin de semana anterior, terá lugar o festival de música de corda Encordass Fiddle Fest dirixido a público xeral para o que está aberta a inscrición
11/06/22 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta agradece a contribución da Irmandade Xurídica Galega á hora de normalizar o uso do galego

Asignáronse insignias de ouro ao avogado Andrés Salgueiro e ao reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, e os novos irmandiños e irmandiñas recibiron unha de prata

10/06/22 | 18:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reivindica a figura das pandeireteiras cunha edición do serán que trae ao Gaiás a 1.000 intérpretes para celebrar o bo momento da música da música tradicional

Este Encontro Galego de Cultura Popular, que se inicia hoxe e se prolonga ata o domingo, preséntase como un dos maiores eventos en Galicia ao redor da pandeireta

10/06/22 | 13:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAC acolle unha mostra adicada ás artes vivas, á performace e a fenómenos escénicos

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a exposición ‘O museo como escenario’, que poderá verse ata o día 2 de outubro

10/06/22 | 13:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha unha nova liña de subvencións dotada con 850.000 euros para as salas de cine galegas

Apoiaranse proxectos de innovación, funcionamento dixitalizado e sustentable, creación e fidelización de públicos, e adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual para espazos de exhibición comercial