Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

25/06/22 | 15:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia un investimento de 735.000€ para a rehabilitación do instituto IES A Xunqueira I de Pontevedra

O representante da Xunta explica que esta obra se enmarca no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, para o deseño de centros máis accesibles, amplos e flexibles

25/06/22 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Comisión Fulbright seleccionan a cinco mulleres para completar os seus estudos en EEUU entre unha vintena de profesionais da cultura

Os cinco bolseiros que a partir de este verán se incorporarán aos seus destinos asistiron esta semana a unha xornada de orientación na Embaixada de Estados Unidos na que estivo o secretario xeral técnico da Consellería, Manuel Vila

24/06/22 | 12:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez refírese en Roma ao “éxito técnico e de xestión” da rehabilitación da Catedral de Santiago cun impacto económico estimado de máis de 250 M€

Avanza o estudo dun equipo de investigación da Universidade de Santiago que calcula resultados económicos directos durante as obras e indirectos pola actividade xerada ao seu redor “superiores ás expectativas iniciais, que se reflectiron na cadea de valor”

24/06/22 | 12:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo Pedagóxico de Galicia cede máis de 40 pezas dos seus fondos para recrear unha antiga escola na Azucareira, situada no concello de Portas

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde do municipio pontevedrés, Ricardo Martínez, formalizan a colaboración nunha visita a este centro museístico

24/06/22 | 12:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo do Castro de Viladonga abre a programación de verán cun obradoiro sobre plantas medicinais

Dirixido a público adulto, desenvolverase o domingo 26 de xuño en horario de mañá e cómpre inscrición previa para participar

23/06/22 | 18:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O programa da Xunta de intercambio literario con Irlanda selecciona ao poeta lucense Jesús Castro

O director xeral de Cultura reúnese co escritor que se desprazará ao país para comezar a súa nova obra e reforzar así a proxección exterior das letras galegas

23/06/22 | 17:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adiántase ao ministerio na implantación do Plan Dixital de Centro e na acreditación destas competencias aos docentes

Román Rodríguez explica que Galicia xa ten avanzado o deseño do modelo de Marco de Referencia para categorizar a cualificación do profesorado que agora se vai aplicar no conxunto do Estado

23/06/22 | 14:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda informa da conxelación por duodécimo ano consecutivo dos prezos das matrículas universitarias, o que suporá un aforro de 18,7 M€ para as familias

Incide en que o próximo curso unha familia galega vai desembolsar polos estudos universitarios dos fillos exactamente a mesma cantidade que hai 12 anos, segundo o decreto de prezos públicos aprobado polo Consello da Xunta

23/06/22 | 14:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Artesanía de Galicia volverá encher o Courel cos oficios artesanais do 3 ao 7 de agosto

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, presentaron as actividades que se celebrarán en colaboración co Concello de Folgoso do Courel e coa Fundación Uxío Novoneyra

23/06/22 | 12:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ortiga fusiona a verbena galega e os ritmos urbanos actuais para celebrar mañá o día da música no Gaiás

A veterana cantante Pili Pampín, Boyanka Kostova, Grande Amore e Conjunto Amistá acompañarán ao compostelán no seu concerto na Cidade da Cultura