Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

29/06/22 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a CRTVG colaboran para divulgar o legado de María Casares coa técnica ‘stop motion’

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o director de Proxección Social da CRTVG, Xaime Arias, presentan as cinco pezas audiovisuais sobre a figura da artista producidas por Algarabía Animación e emitidas desde hoxe pola Televisión de Galicia

29/06/22 | 12:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego inicia en Noruega o proxecto europeo ‘Phone’ para a posta en valor de linguas minoritarias a través do teatro

A cidade de Tromso acollerá un primeiro encontro presencial no que participará a compañía galega Moving Compass

28/06/22 | 16:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á difusión da recente produción escénica galega co apoio á 44ª edición da mostra de teatro de Cariño

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación do programa desta edición, que se desenvolverá do 12 ao 19 de agosto

28/06/22 | 15:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as probas de certificación en linguas estranxeiras para o alumnado que cursa 4º de ESO, Bacharelato e FP en centros públicos de Galicia

Os estudantes teñen a posibilidade de obter unha acreditación oficial nunha lingua estranxeira, totalmente de balde para as familias

28/06/22 | 13:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica 550.000 euros en axudas a 34 festivais de música e de artes escénicas de toda Galicia

A modalidade de subvencións para eventos musicais distribúe 350.000 euros entre 21 citas, dúas máis que o ano pasado, grazas ao incremento do 3% na súa dotación

27/06/22 | 14:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convida a gozar do verán mergullándose nos ritmos máis actuais en 16 concertos ao solpor nunha nova edición de ‘Atardecer no Gaiás’

O programa de actuacións en directo comeza o 7 de xullo con Los Jinetes del Trópico e continúa ata o 26 de agosto todos os xoves e venres á tardiña

27/06/22 | 14:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta participa na presentación do Resurrection Fest no marco dos concertos do Xacobeo que reunirá esta semana en Viveiro a máis de 120 bandas e artistas

O festival terá lugar do 29 de xuño ao 3 de xullo. Contará coa participación de bandas como Deftones, Bullet for my Valentine, Alien Weaponry, Sabaton, Avenged Sevenfold e Judas Priest, entre outros

27/06/22 | 13:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A festival MindoMúsica suma espectáculos de danza, performance e videocreación na súa IV edición que arranca en xullo en Mondoñedo co apoio da Xunta

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reúnense coa directora do certame, Rebeca Maseda

27/06/22 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta estende o modelo plurilingüe ás escolas de arte e superiores de deseño en Galicia o vindeiro curso

Coa implantación do PluriArt nestas ensinanzas de réxime especial, dáse cumprimento a un dos obxectivos da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras

26/06/22 | 14:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Coreográfico Galego estende a cinco cidades o seu programa formativo para profesionais da danza

A Xunta organiza oito cursos ao longo do segundo semestre do ano na Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo