Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O programa Nadal en Rede da Xunta arranca este venres con actividades nunha vintena de concellos
A primeira cita será no centro social de Pontecesures coa proposta ‘Fazulas e o ladrón de paraugas’, que ata finais de ano chegará tamén a Campo Lameiro, Salceda de Caselas, Poio, Vigo, Foz, Rodeiro, Valdoviño, Laracha e Lalín
O Auditorio de Galicia dixitaliza a súa sala principal coa axuda da Xunta a través da convocatoria para a modernización de infraestrutras culturais
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visita o escenario compostelán para comprobar o funcionamento deste novo sistema dixital da maquinaria escénica ao que a Consellería achega 40.000€
A Xunta pecha a programación do centenario de María Casares coa presentación da tradución da súa biografía ao galego
Anne Plantagenet é a autora de ‘A Única. María Casares’, que afonda na pegada da actriz galega en Francia
Os centros de investigación acreditados das universidades galegas acadaron os 80 M€ en proxectos competitivos nos últimos tres anos
Román Rodríguez sinala estes centros, aos que se achega case 5M€, como “a xoia da coroa dos nosos proxectos de I+D+i”
Cantabria interésase polo modelo de éxito da Formación Profesional galega
O Goberno galego comparte co cántabro o funcionamento destas ensinanzas, que na última década melloraron 50 puntos a inserción laboral
Ponte... nas ondas! Recibirá o premio especial do xurado na sétima edición da gala aRi[t]mar
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación desta cita da música e poesía galego-portuguesa que se celebra co apoio da Xunta
A Xunta eleva á Mesa Sectorial Docente a proposta de axustes no calendario de avaliacións de final de curso na etapa de ESO
O alumnado rematará as clases o mesmo día que estaba previsto, o 22 de xuño, con actividade lectiva habitual nas semanas previas
A Xunta garante a conservación da Catedral de Santiago cun investimento de 6,5 M€ ata o ano 2027 e a creación dun sistema para coñecer os fluxos de aire
Nas vindeiras semanas remataranse as actuacións nas capelas do Cristo de Burgos e da Comuñón, ás que o Goberno galego destina máis de 280.000 €
A Xunta amplía os contidos e capacidade do ‘Galiverso’ logo de que máis de 1.000 persoas se achegasen ao Gaiás a gozar desta experiencia virtual
A instalación de realidade virtual trasládase en xaneiro de 2023 ao andar -1 do Museo onde poderá ser visitada por ata 15 persoas de maneira simultánea