Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

18/07/22 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta duplica o seu apoio ao Festival de música clásica Bal y Gay, que volve en agosto á Mariña lucense coa súa edición máis internacional

O director de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación da iniciativa que se celebrará do 12 ao 24 de agosto con concertos en lugares como a Catedral de Mondoñedo ou a Fábrica de Sargadelos

18/07/22 | 12:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia un investimento de 220.000€ para restaurar a ponte medieval de Pontevea

O conselleiro de Cultura visita este BIC que une as provincias de Pontevedra e A Coruña sobre o río Ulla e cuxas obras de mellora veñen de ser licitadas
 

17/07/22 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Espectáculos galegos xiran por 16 países e participan en 19 feiras profesionais co apoio das axudas ás actividades de distribución cultural da Xunta

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades adxudica 460.000 euros en subvencións, a través das que se contribúe ao desenvolvemento de 512 funcións escénicas e concertos

16/07/22 | 13:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o festival itinerante ‘Danza en el Camino´ e as súas exhibicións en Sarria, Portomarín e Santiago de Compostela

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades impulsa a colaboración exterior e a expansión desta disciplina artística ao colaborar co encontro organizado polo prestixioso Certamen Internacional de Coreografía Burgos & Nueva York

16/07/22 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta súmase ás homenaxes ao grupo Brais Pinto na XIV Festa da Palabra celebrada na Insua dos Poetas

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa nos actos onde salienta o papel dinamizador e vangardista deste colectivo de intelectuais

15/07/22 | 14:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra a resolución xudicial sobre Meirás e chama a seguir esta estratexia co resto de bens

O conselleiro Román Rodríguez subliña que a decisión do xuíz coñecida hoxe avala os pasos dados ata agora polo Goberno galego, con unidade entre as administracións e o máximo rigor no proceso, seguindo os criterios dos técnicos e os xuristas

15/07/22 | 12:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta publica o texto do espectáculo do Centro Dramático Galego ‘A Peste’ na colección ‘O Papel do Teatro’

O volume, coeditado pola Axencia Galega das Industrias Culturais e Edicións Positivas, recolle a adaptación dramática asinada por Cándido Pazó da novela de Albert Camus

15/07/22 | 12:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Festival Groba arrancará a súa décima edición o 13 de agosto en Ponteareas co apoio da Xunta de Galicia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación desta cita de música clásica con sete concertos de cámara de artistas nacionais e internacionais

15/07/22 | 11:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avanza un investimento de preto de 800.000€ do Goberno da Xunta na mellora dos dous colexios de Forcarei

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, acompañado polo delegado Luis López, anuncia a licitación das obras do Nosa Señora das Dores, que visitou esta mañá, e do colexio de Soutelo de Montes

14/07/22 | 21:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García destaca o compromiso do Goberno galego coa difusión da dramaturxia en galego na presentación do novo libro de Ernesto Is

A obra ‘Profetas’ conta co apoio da Xunta de Galicia e vén de gañar o 16º Premio Abrente de Textos Teatrais