Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

24/08/22 | 13:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina máis de 6M € a 17 obras en centros educativos da comarca de Deza-Tabeirós este 2022

As actuacións enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que centra o 40% do seu orzamento en intervencións para a mellora da eficiencia enerxética

23/08/22 | 13:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A música galega prepara o seu desembarco no Womex de Lisboa co apoio da Xunta

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiu á cantautora Sheila Patricia con motivo da súa selección dentro do programa oficial da 28ª Worldwide Music Expo na capital portuguesa, onde viaxará coa colaboración do Goberno galego

23/08/22 | 10:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove 22 actuacións en 14 concellos de Lugo na última quincena do ciclo Cultura no Camiño

Apoia a dinamización cultural dos municipios polos que transcorren as rutas xacobeas asumindo o 50% do investimento de cada espectáculo

22/08/22 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convida a despedir ‘Atardecer no Gaiás’ con Caldo e Néboa, dúas bandas que representan a aposta pola experimentación da nova escena musical galega

A Cidade da Cultura pecha o ciclo con dúas das formacións galegas con maior proxección e expoñentes da capacidade de renovación da música en Galicia

22/08/22 | 13:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 663.000 euros na rehabilitación integral do CPI Padrenda-Crespos

O delegado territorial explicou que estas intervencións que promove a Xunta en infraestruturas escolares apostan por un modelo de centros “ao servizo da aprendizaxe e da convivencia, con espazos accesibles, saudables e cómodos en liña coas pautas marcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia”

21/08/22 | 11:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A mocidade do exterior xa pode solicitar bolsas para retornar a Galicia e cursar FP de nivel básico

A Xunta abre o prazo desta convocatoria, que incorpora por primeira vez esta modalidade de ensinanzas dentro do programa ‘Retorna Mocidade’
 

20/08/22 | 13:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta promove 27 actuacións artísticas na área de Vigo ata final de ano

A nova carteleira semestral do circuíto cofinanciado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e 37 entidades locais adheridas ofrece o espectáculo Ultreia do Mago Teto mañá en Gondomar, onde terán lugar outras dúas funcións

20/08/22 | 11:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia que a Xunta porá en marcha unha Film Commission para consolidar Galicia como plató de cine

Esta nova plataforma do Hub Audiovisual funcionará como escaparate para que os profesionais do sector ofrezan os seus servizos e atopen os recursos que precisan

19/08/22 | 13:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica preto de 200.000 euros en axudas ao talento audiovisual para 19 proxectos de guión, webseries, curtas e longametraxes

Publícase a resolución de concesión da convocatoria de 2022, que selecciona na modalidade de longas as propostas de Alejandra Aguirre, Miramemira e Ángel Santos, mentres que ‘Nómade e Pulp air’ son as beneficiarias no apartado de series para a rede

19/08/22 | 10:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 29 ANPAS de Educación especial benefícianse das axudas anuais da Xunta para as súas actividades

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina máis de 60.000€ para financiar actividades, gastos de material e mantemento de instalacións