Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

08/09/22 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén destaca o esforzo inversor da Xunta en materia educativa na provincia de Ourense

O delegado territorial explicou que na provincia de Ourense, o investimento neste momento ascende xa a 10,5M€ e ten en carteira outras 6 grandes obras, por 5,6M€, cuxos proxectos prepara nestes momentos
 

08/09/22 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Martina Aneiros anuncia medidas de aforro enerxético coa instalación de placas fotovoltaicas no CEE Terra de Ferrol

A delegada territorial visitou o centro no que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade leva a cabo obras por preto de 70.000 euros
 

08/09/22 | 13:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez celebra que os sucesivos gobernos mantivesen o compromiso coa renovación dos equipamentos culturais de Ourense

Subliña que as melloras na Biblioteca, o Arquivo e o Museo da cidade son “unha esixencia xusta e razoable dos veciños”
 

08/09/22 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arias abre en Outeiro de Rei o curso escolar, do que destaca 78 actuacións en centros da provincia cun orzamento de case 18 M€

O delegado territorial de Lugo explica que hai 31 grandes obras en distintas fases de execución cun investimento próximo aos 17M€, ademais de 47 intervencións menores realizadas este verán noutros tantos colexios e institutos
 

08/09/22 | 10:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
07/09/22 | 13:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza os comedores escolares cunha extra de 1,4 M€ para paliar a suba de prezos ás familias

O conselleiro Educación visita o colexio Doutor López Suárez de Friol e comparte co profesorado os últimos preparativos para o inicio do primeiro curso pospandemia
 

07/09/22 | 11:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arranca en Santiago a VIII edición do Congreso Internacional de la SMYR co apoio da Xunta

Esta cita bianual destaca por ser un dos foros internacionais de maior prestixio e proxección no ámbito dos estudos medievais e renacentistas

06/09/22 | 15:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
06/09/22 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea abre a súa décima convocatoria cun novo apoio da Xunta

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa no CGAC na presentación desta iniciativa impulsada pola asociación Outono Fotográfico
 

06/09/22 | 13:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avanza que o novo Centro de Innovación Educativa Dixital será “un punto de inflexión para a educación galega”

O centro irá un paso por diante no cambio metodolóxico e emprego de novos recursos didácticos, para reforzar a posición de Galicia á vangarda do ensino