Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

28/09/22 | 17:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aprobará mañá no Consello o incremento das axudas á compra de material escolar nun 50%

O importe total dos vales, dirixidos ás familias que menor renda teñen, acadará os 75€

28/09/22 | 16:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta entrega os premios a curtas de animación en galego ‘Nós tamén creamos!’ na súa X edición

Resultan galardoados o colexio CEIP Albeiros de Lugo, o Centro de Educación Especial Miño de Ourense e o colexio CEIP Manuel Villar Paramá da Estrada

28/09/22 | 16:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Curtocircuíto conta co apoio da Xunta para unha 19ª edición na que amosará os filmes restaurados de Eugenio Granell e unha decena de fitas galegas

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades subvenciona o certame compostelá a través da convocatoria de axudas a mostras audiovisuais, que en 2022 distribuíu 210.000 euros entre 11 citas de toda Galicia

28/09/22 | 16:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Culturgal fornecerá a súa dimensión profesional e redefinirá o modelo de feira co apoio da Xunta no seu 15º aniversario

O director da Axencia Galega de Industrias Culturais participa na presentación da feira sectorial, que se celebrará entre o 24 e o 27 de novembro en Pontevedra

28/09/22 | 14:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva a rúas emblemáticas de Madrid o gran proxecto escultórico de Manolo Paz

Entre os meses de outubro e decembro veranse ao aire libre pezas no Paseo de Recoletos, a Praza de Cibeles, o Paseo do Prado ou o Museo Tyssen-Bornemizsa
 

28/09/22 | 14:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Galicia Design Weekend converterá Vigo na capital do deseño do noroeste peninsular co apoio do Xacobeo 21-22

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou este mércores a iniciativa gratuíta que se celebrará o vindeiro 1 de outubro na cidade dentro do programa da Galicia Design Week
 

28/09/22 | 12:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O concurso de méritos que convocará a Xunta no ensino contará con 1.156 prazas en 148 especialidades

A Xunta informa da proposta para o proceso de estabilización que se levará a cabo nos próximos meses e cuxa cifra global foi xa abordada coas organizacións sindicais
 

28/09/22 | 11:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove 11 funcións escénicas en Carballo, Vimianzo e Cee durante o segundo semestre do ano a través da rede galega de teatros e auditorios

Este circuíto de exhibición de espectáculos, coordinado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, reforza con catro funcións o programa do ‘Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT)’ de Carballo

27/09/22 | 20:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Filmoteca de Galicia retoma a programación de sala tras a súa reforma con ciclos sobre o labor dos arquivos fílmicos, o son no cinema e Chaplin

A carteleira da cinemateca da Xunta ata finais de outubro inclúe tamén retrospectivas sobre a cineasta alemá Helke Misselwitz e o documentalista portugués António Campos, así como unha homenaxe ao Oleksandr Dovzhenko National Center de Kíiv coa proxección de dous clásicos do cine ucraíno

27/09/22 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Avanza a rodaxe en Galicia co apoio da Xunta de ‘O corno’, a segunda longametraxe de Jaione Camborda

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visita o equipo durante a xornada de traballo en Vilanova de Arousa desta coprodución internacional encabezada polas galegas Esnatu Zinema e Miramemira xunto á produtora de Alcarrás