Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

21/01/20 | 21:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo incide na importancia da conexión da comunidade científica coa sociedade para abordar os retos de futuro

A Xunta incrementou un 75% a achega aos Centros de Investigación de Excelencia das tres universidades

21/01/20 | 11:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Carmen Pomar destaca un investimento de máis de 800.000 euros na rehabilitación integral do IES de Monelos

As obras beneficiarán ao equipo docente e aos máis de 460 estudantes do instituto

20/01/20 | 13:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Carmen Pomar visita o CEIP Otero Valcárcel de Carral, onde Educación investiu 714.000 € nas obras de rehabilitación integral

A actuación beneficia a preto de 460 alumnas e alumnos, que verán mellorado o seu confort no centro

18/01/20 | 11:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ata 2.700 alumnos dos centros plurilingües poderán presentarse ás probas gratuítas para certificar o seu nivel de inglés

Os exames escritos serán o día 15 de febreiro e os orais realizaranse entre o 10 e o 14 e entre o 17 e o 21 de febreiro

17/01/20 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca un investimento de máis de 22 millóns de euros nunha década para mellorar as bibliotecas escolares

Refírese ás bibliotecas como un elemento fundamental dos centros, aceleradoras de innovación

15/01/20 | 13:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade; Secretaría Xeral para o Deporte

Educación, Sanidade e Deporte asinan unha alianza estratéxica para loitar contra a obesidade infantil e promover estilos de vida activa nos escolares galegos

A Secretaría Xeral para o Deporte é a responsable da xestión da plataforma DAFIS que desde o curso 2012/2013 contou coa participación de 141 centros educativos de 73 concellos. En total realizáronse 26.606 valoracións de condición física saudable a 15.651 alumnos e alumnas de 6-16 anos que inclúen datos de IMC, perímetros de cintura e cadeira

14/01/20 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Feijóo anuncia unha convocatoria de axudas que permitirá reter ou traer ás universidades galegas a 15 investigadores de alto nivel

Afirma que a Cidade das TIC na que se está a traballar é a proba de que a UDC camiña pola ruta de máis unión da universidade coa súa contorna e garante o apoio da Xunta “porque será útil para o sector da tecnoloxía, para a cidade e para Galicia”

13/01/20 | 15:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 4000 estudantes de secundaria de toda Galicia participan en ‘21 días co galego e +’ para fomentar o uso da lingua

A segunda edición do programa promovido pola Xunta de Galicia enmárcase no Plan de dinamización da lingua galega na mocidade e ten como obxectivos que xente nova fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas

13/01/20 | 11:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
13/01/20 | 10:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación blinda o acceso ás ensinanzas universitarias dos estudantes con dificultades económicas por causas sobrevidas

A Consellería convoca estas bolsas, ás que destina unha contía global de 100.000 euros, que pode ser ampliada se o número de solicitudes o demanda