Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

30/09/22 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Biblioteca de Galicia brinda unha ollada singular sobre a evolución do fenómeno Xacobeo nos últimos 70 anos a través dos seus documentos

A exposición ‘Ano Santo: o rexurdimento dun camiño para todos e todas’ abrangue desde a celebración máis espiritual de 1954 a un enfoque máis turístico e internacional ao longo do tempo

30/09/22 | 13:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 60.000 € en melloras no Colexio de Mondariz-Balneario, que acaba de estrear nova cuberta

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, achegouse ao CEIP Nosa Señora de Lourdes para comprobar resultado das obras

30/09/22 | 12:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A posta en marcha do novo centro integrado de FP en Vilagarcía aumenta nun 25% os alumnos matriculados en formación profesional no concello

O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Manuel Vila, explica no Parlamento que o reforzo da Formación Profesional foi ben acollido pola comunidade educativa, tal e como reflicten os datos
 

29/09/22 | 20:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O mundo do fútbol protagoniza a estrea da temporada do Centro Dramático Galego con Ainé

O conselleiro de Cultura asiste á primeira función da obra xunto a presidentes de varios clubes de fútbol galegos

29/09/22 | 17:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O escritor e xornalista Alberto Ramos gaña a XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega, que conta co apoio da Xunta


— O xurado recoñece a súa novela Os corpos de Romanov. Matthias Lentz, da que destaca a gran precisión de estilo

29/09/22 | 16:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta subvenciona o Festival Internacional de Teatro de Ourense na celebración do seu 15º aniversario con 15 propostas en cartel

O director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación desta edición no Teatro Principal, que acollerá o groso da programación
 

29/09/22 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta comeza os trámites para a elaboración dunha lei pioneira en Europa que promoverá a inclusión e accesibilidade da cultura

O Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace ao inicio das actuacións administrativas da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia
 

29/09/22 | 14:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A terceira edición do encontro MUMI reúne 200 profesionais da industria musical en Tui e Valença coa colaboración da Xunta

O evento ábrese tamén ao público xeral cun concerto de benvida a cargo de Xosé Lois Romero & Aliboria e Omiri, así como con ‘showcases’ de bandas galegas e portuguesas, espectáculos de animación de rúa e o novo Festival Río Miño Tranfronteirizo

29/09/22 | 13:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a cuarta edición do proxecto ‘Nortear Ilustrado San Simón’ para fortalecer os lazos profesionais entre creadores de Galicia e Portugal

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación do encontro, que se celebra na illa redondelá ata o 1 de outubro
 

29/09/22 | 12:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Luis López destaca a colaboración entre a Xunta e a Universidade de Vigo para impulsar o crecemento e prestixio do campus de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, acompañado pola vicerreitora, Eva Lantarón, realizou unha visita institucional ao centro de estudos da Xunqueira, que arrancou na Escola de Enxeñería Forestal, co gallo do inicio do curso académico