Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

30/03/20 | 11:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Abre o prazo para que as familias soliciten as axudas de comedor escolar mentres estean suspendidas as clases presenciais

Poderán acollerse a estas axudas as familias que durante o curso teñen o comedor de balde ou pagan 1 €/día por menú nos comedores escolares xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

27/03/20 | 17:41 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta aboará os menús dos comedores escolares xestionados pola Administración ás familias con menos recursos mentres estean suspendidas as clases presenciais

Feijóo salienta que serán preto de 51.000 os usuarios de comedor beneficiados por esta medida, 45.000 dos cales corresponden ao segundo ciclo de Educación Infantil, Primaria e ESO e uns 6.000 a usuarios de escolas infantís de 0 a 3 anos

25/03/20 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Consenso xeneralizado entre Ministerio e CCAA en manter o calendario escolar e aprazar a ABAU

Avaliarase o segundo trimestre co traballo feito e modificaranse os contidos e competencias do terceiro

24/03/20 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación traballa co Ministerio para asegurar o remate do curso e a continuidade dos itinerarios formativos ao alumnado de Formación Profesional

O director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, participou esta mañá nunha reunión por videoconferencia coa secretaria general de Formación Profesional do Ministerio, Clara Sanz, e os seus homólogos das outras Comunidades Autónomas

19/03/20 | 10:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación publica unha guía para a aprendizaxe a distancia durante a suspensión das clases polo COVID-19

O Centro Autonómico de Formación e Innovación do Profesorado (CAFI) porá esta información a disposición dos docentes

18/03/20 | 14:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
13/03/20 | 12:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Consellería de Educación convoca as oposicións docentes de 2020

O prazo de inscrición estará aberto desde o 16 de marzo ata o 6 de abril de 2020

12/03/20 | 15:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Feijóo avanza a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus

Anuncia a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-

11/03/20 | 13:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Carmen Pomar salienta a importancia da colaboración entre empresas e sistema educativo para a calidade da FP

Destacou a alta inserción laboral destas ensinanzas, froito da confianza que o tecido empresarial galego ten nelas