Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

28/04/20 | 12:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e concellos colaborarán para a mellora da conectividade e a dotación de recursos tecnolóxicos no eido educativo

Á proposta da Consellería de Educación e no marco da xuntanza da CECOP, chegouse a un principio de acordo a través do cal a Administración Autonómica atenderá con prioridade ao alumnado de ESO, Bacharelato e FP; mentres que as administracións locais centraranse no alumnado de Infantil e Primaria

27/04/20 | 19:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Carmen Pomar e os reitores das universidades galegas reúnense con Manuel Castells

O ministro de Universidades interesouse polas medidas tomadas en Galicia para o desenvolvemento do curso tras a declaración do Estado de Alarma e felicitou aos implicados pola súa coordinación

27/04/20 | 11:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
25/04/20 | 10:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta inicia o reparto doutros 1.750 equipos con conexión gratuíta á rede para facilitar o seguimento da actividade educativa das familias con menos recursos

Con este novo lote, elévase a 2.750 o número total de kits de equipamento dixital, compostos por un terminal, router e liña de datos de balde

24/04/20 | 17:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Consellería de Educación maniféstalle ao Ministerio o seu desacordo coa Orde publicada hoxe no BOE

O Goberno central recoñece que ten a competencia exclusiva para regular as condicións de obtención dos títulos pero deixa a criterio dos docentes esta decisión, o que pode xerar diferenzas entre Comunidades Autónomas

23/04/20 | 20:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Carmen Pomar transmítelles a anpas e sindicatos as medidas tomadas para minimizar o impacto da crise do COVID-19 no sistema educativo galego

Informounos da necesidade dunha normativa estatal para concretar as instrucións correspondentes ao terceiro trimestre

23/04/20 | 16:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación flexibiliza as condicións da formación práctica en empresas para o alumnado de FP, que se viu afectada pola declaración do estado de alarma

A Consellería vén de publicar a Resolución coas medidas adoptadas para o desenvolvemento dos módulos FCT, co obxectivo de darlle máis facilidades ao alumnado dos ciclos formativos

23/04/20 | 11:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Premio dos Clubs de Lectura 2020 da Consellería de Educación é para a autora Andrea Maceiras

Foi a autora máis lida neste grupos durante o curso 2018/2019, conforme ás bases do premio

22/04/20 | 13:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación apraza as oposicións docentes para 2021 e blinda as prazas ofertadas

Esgotado o prazo para iniciar o proceso administrativo coa nova prórroga do Estado de Alarma e ante a falta de información sobre a desescalada por parte do Goberno central, a Consellería decide adiar ao vindeiro ano as probas previstas para este verán