Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

03/10/22 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca que a ampliación do instituto Sanxillao avala a aposta da Xunta polo reforzo das ensinanzas de Formación Profesional

O Goberno galego vén de investir máis de 1,8M€ na dotación de novos espazos para dar servizo aos ciclos das familias de Hostalaría e turismo e de Industrias alimentarias “nas que o centro é un referente”, segundo lembra o conselleiro de Educación
 

02/10/22 | 13:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta forma a profesionais da cultura no deseño de políticas inclusivas nos museos galegos

O martes celébrase en Santiago de Compostela a xornada ‘Museos Sociais’ na que expertos reflexionarán sobre como mellorar o acceso e participación

02/10/22 | 12:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta coproducirá os novos espectáculos de danza de Kirenia Martínez, Janet Novás e Paula Quintas

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades adxudica 54.000 euros a estes proxectos, inseridos no programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego

02/10/22 | 12:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha o novo programa de estadías lingüísticas ‘Spring Week’ con 1.575 prazas

O obxectivo é estimular a práctica oral do alumnado de 6º de Primaria a 4º de ESO en lingua inglesa, co apoio de profesorado nativo, e fomentar a convivencia
 

01/10/22 | 14:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a convocatoria para o desenvolvemento de clubs de lectura nos centros escolares, cun orzamento de 400.000€

Este programa, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, chegou o curso pasado a 346 centros e máis de 12.000 participantes
 

01/10/22 | 13:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os traballos da Xunta no xacemento de Proendos sacan á luz a superficie completa dun hórreo romano

A escavación sitúao como un lugar clave para comprender a chegada do imperio romano ao noroeste peninsular e a articulación da paisaxe agrícola da Ribeira Sacra
 

01/10/22 | 10:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia catro proxectos artísticos ligados á realidade virtual, á innovación téxtil, á saúde mental e ao patrimonio sonoro nas residencias do Gaiás

Realizarán o seu traballo na Cidade da Cultura entre outubro e decembro cunha bolsa de 8.000 euros por proxecto ademais de espazos, recursos e equipos técnicos

30/09/22 | 21:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o OUFF como un dos grandes encontros para o músculo audiovisual galego

Salienta o seu papel para dar o pulo definitivo a Ourense como cidade de cinema

30/09/22 | 15:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra o Día internacional da tradución coa presentación da XI edición do encontro ‘Con barqueira e remador’ e a entrega do XX Premio Plácido Castro

Anxo M. Lorenzo e Yolanda Castaño expoñen o obradoiro de Tradución Poética, que se celebrará na Illa de San Simón entre o 24 e 29 de outubro

30/09/22 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Martina Aneiros pon en valor as actividades da G-Night á hora de achegar o traballo das investigadoras e investigadores galegos á sociedade

A representante do Goberno galego compartiu a mañá con alumnos do Ciclo de Deseño de Fabricación Mecánica do CIFP Ferrolterra e do CEIP A Laxe que participaron en talleres sobre novos materiais e realidade virtual e aumentada