Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

08/09/20 | 15:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez asegura que a volta ás aulas é un reto de país que require da cooperación e unidade de acción do conxunto da comunidade educativa

Subliña que a máxima prioridade da Xunta é que os centros sexan lugares seguros e avoga por actuar de xeito coordinado e responsable con todos os axentes para acadar este obxectivo

08/09/20 | 15:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
08/09/20 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Chega a Cee a mostra 'Facer camiño' con pezas de artistas galegos inspiradas na Ruta Xacobea

O director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo M. Lorenzo, e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, inauguraron a exposición que permanecerá aberta ata o 30 de setembro na Casa da Cultura

08/09/20 | 14:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a nova edición adaptada do FICBueu no marco da súa liña anual de subvencións a festivais audiovisuais

O Festival Internacional de Curtametraxes da localidade pontevedresa recibe unha achega de preto de 21.000 euros para a súa décimo terceira edición

08/09/20 | 11:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CDG celebra o centenario do Salón Teatro de Santiago con oito concertos nos ‘Mércores de varanda’

O gaiteiro Anxo Lorenzo abrirá mañá este programa conmemorativo, que continuará con Hugo Franco e Claudia Abril, Emilio Rúa, Xoán Curiel, Susana Seivane, Sés, Dequenvessendo e Sofía Espiñeira

07/09/20 | 18:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez convoca este mércores a toda a comunidade educativa no Consello Escolar de Galicia para abordar o inicio de curso

Na reunión deste órgano consultivo superior, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, escoitará as demandas de familias, do profesorado e das organizacións sindicais, todos eles nel representados

01/09/20 | 13:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia crea os Premios Innovagal ao compromiso coa innovación educativa

O obxectivo desta convocatoria é recoñecer o labor de docentes e centros que desenvolvan enfoques didácticos ou organizativos que buscan dar resposta ás necesidades do seu alumnado

01/09/20 | 11:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación incorpora 26 novos centros públicos ao Plan de mellora de bibliotecas escolares

En total serán 705 centros públicos os integrados no curso 2020/2021 nesta iniciativa

31/08/20 | 18:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia mantén o inicio do curso escolar para o 10 de setembro, coa incorporación gradual do alumnado

Todo Infantil e Primaria organizarase en grupos de convivencia estable, mentres que a distancia de seguridade para ESO, Bacharelato e FP se fixa en 1,5 metros

27/08/20 | 15:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia celebra o consenso estatal acadado para o inicio do curso escolar, que incorpora a meirande parte das medidas xa previstas no Protocolo da Xunta

O documento ratificado entre Goberno e CCAA avoga pola presencialidade e avala os grupos de convivencia estable, o uso obrigatorio de máscaras e a aplicación de test serolóxicos, como xa contemplaba o Goberno galego