Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Museo Centro Gaiás comeza a recibir as 300 pezas da gran exposición coa que a Xunta homenaxeará o legado da Xeración Nós
Entre as obras que se atopan xa na Cidade da Cultura para a mostra ‘Galicia, de Nós a nós’ está a Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán que pertenceu a Ramón Otero Pedrayo, conservada no Pazo de Trasalba
O Comité Educativo constitúese este luns con 35 membros como máximo órgano asesor da Xunta no eido docente ante a covid-19
Traballará de xeito coordinado co Comité Clínico e centrará a súa actividade, exclusivamente, nos aspectos relativos á adaptación do sistema educativo á situación de pandemia
Máis de 250 xestores culturais participan no plan de formación en transformación dixital tras triplicar o seu número de prazas
A boa acollida da iniciativa, impulsada pola Xunta e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, obrigou a incrementar a oferta inicial
A Cidade da Cultura reflexiona sobre o presente e futuro da vangarda artística e cultural no WOS Talks x Fest Galicia
O Gaiás acolle hoxe a única actividade que o WOS Festival leva a cabo este ano, que se desenvolve en formato híbrido presencial e en liña, e como un dos 13 eventos que integran a marca da Xunta FEST Galicia
A Xunta pon en marcha a plataforma Educovid para facilitar e axilizar a xestión de casos vinculados a centros educativos
Conecta telematicamente a Central de Seguimento de Contactos cos colexios, informando de positivos aos equipos covid dos centros e da activación do protocolo sanitario
Anxo M. Lorenzo refírese ao Cineclube Padre Feijoo como "un dos grandes referentes culturais de Ourense"
O secretario xeral de Cultura da Xunta, participou hoxe na homenaxe a cineclubistas e amigos do Cineclube no marco do 50 aniversario desta asociación
O programa de dinamización lingüística da Xunta de Galicia ‘FalaRedes’ retoma a súa actividade da man dos Bolechas
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao espectáculo participativo dos famosos monicreques que acolleu o Museo do Mar de Galicia
O Festival Maré relánzase en Santiago cun novo formato de concertos e foros patrocinado pola Xunta a través de FEST Galicia
O evento, que se traslada á capital de Galicia despois de 15 anos de traxectoria en Pontevedra como ‘Cantos na Maré’, terá lugar do 24 ao 26 de setembro no Hotel NH Collection
Os distintos espazos do CGAC transfórmanse para homenaxear a traxectoria de La Ribot coa inauguración de ‘Manual de uso’
O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, presentou este proxecto que conecta a arquitectura de Siza co traballo da coreógrafa, bailarina e artista visual