Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

31/10/22 | 14:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Medio Rural

A Xunta impulsará actuacións de recuperación e conservación das estruturas de madeira do patrimonio galego

O obxectivo do acordo é establecer un marco de colaboración que favoreza traballos conxuntos de restauración, empregando as técnicas máis axeitadas e potenciando -ao tempo- a investigación e especialización profesional no ámbito da rehabilitación

31/10/22 | 13:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Vimianzo presenta ‘A Costa da Vida’ para a dinamización sociocultural das súas parroquias dentro do programa da Xunta Territorio Cultura

O proxecto do Concello vimiancés forma parte da quincena de propostas adxudicatarias da primeira convocatoria deste fondo, a través do que se investirá preto de 1,3M€ na ampliación e diversificación da oferta cultural en zonas non urbanas
 

30/10/22 | 11:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre este mércores 2 de novembro o prazo para descargar o Bono Cultura

Poranse en circulación 20.000 vales que calquera persoa maior de idade poderá obter na web bonocultura.gal e empregar ata o 31 de decembro

29/10/22 | 14:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático e Ainé clausuran o FIOT de Carballo no inicio da xira de ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ por unha decena de escenarios

O espectáculo dirixido por Tito Asorey represéntase no Pazo da Cultura carballés o vindeiro luns cunha función inclusiva tras a súa estadía no Salón Teatro de Santiago, onde ofreceu 21 funcións que congregaron máis de 4500 espectadores

28/10/22 | 18:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta comprométese co Concello de Ferrol a actuacións de mellora nos servizos públicos, saneamento, infraestruturas e dinamización industrial da cidade

Anuncia a ampliación da participación da Xunta no saneamento rural de Ferrol, ata un 70 % cun investimento de 8,4 M€ ata 2026

27/10/22 | 19:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
27/10/22 | 17:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre mañá o concurso de méritos para 1.156 prazas de educación, Consellería cuxo orzamento acada o máximo histórico por terceiro ano consecutivo

Román Rodríguez informa que os Orzamentos do seu departamento están enfocados á consolidación do crecemento e a mellora tanto no ámbito educativo coma cultural desde “unha marcada perspectiva social”
 

26/10/22 | 13:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a formación profesional como “garantía de empregabilidade e de futuro” para os estudantes que a Xunta apoia con máis fondos

Comprométese a seguir impulsando o sistema educativo galego como exemplo de calidade e prestixio, para o cal a Consellería conta con 2.895M€ nos Orzamentos de 2023, o máis alto da historia cun crecemento do 5%

25/10/22 | 19:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
25/10/22 | 19:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez agradece a vontade didáctica da escritora Charo Golmar á hora de achegar a poesía aos máis novos

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades participa na presentación do novo poemario da autora No bico do vento, editado por Bolanda Edicións