Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

19/01/22 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia e Euskadi intercambian experiencias de boas prácticas na formación profesional e estreitan a colaboración para impulsar o seu éxito

O representante da Xunta explica que o seu departamento está a ultimar unha nova Estratexia Galega de FP para avanzar no modelo de calidade destas ensinanzas

19/01/22 | 13:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta consolida a proxección internacional do Festival Pequefilmes que trae máis de 80 curtas infantís de 20 países á Cidade da Cultura

O festival de curtametraxes infantís da Cidade da Cultura chega á súa sexta edición apostando por un formato híbrido, con proxeccións en sala e en liña, co que ampliar o seu público

18/01/22 | 14:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Día de Rosalía de Castro pasará a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data de nacemento da poeta

A Xunta de Galicia e as institucións vencelladas á autora deciden cambiar a efeméride tras a aparición de nova documentación que desvela a súa data real de nacemento

18/01/22 | 13:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza o seu impulso a San Martiño Pinario, que sumará novos espazos museísticos e expositivos

O conselleiro de Cultura anuncia o inicio do proxecto incluído no Plan Director do Mosteiro para restaurar o pavillón historicista e empregalo para usos culturais

18/01/22 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego estrea a súa primeira produción de 2022, ‘A Peste’, unha reflexión sobre o comportamento humano en situacións de crise

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe a peza inspirada na novela homónima de Albert Camus, con dramaturxia e dirección de Cándido Pazó

17/01/22 | 15:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arranca a rodaxe da serie galego-portuguesa ‘Motel Valkirias’, cofinanciada pola Xunta

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiu á primeira xornada de traballo no set instalado no Hotel Congreso de Teo, transformado para esta ‘dramedia’ nun pintoresco motel de estrada situado na fronteira

17/01/22 | 13:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta conmemora o 20 aniversario do pasamento de Cela con accións diversas e participativas arredor da súa figura e do seu legado

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade abriu hoxe a programación cunha ofrenda floral en Padrón, co gallo do cabodano do Premio Nobel

16/01/22 | 08:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta dixitalizará máis de 105.000 documentos bibliográficos do patrimonio eclesiástico para poñelos a disposición da cidadanía

Os arquivos integraranse en Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia xestionada na Cidade da Cultura e que na última década recibiu máis de 35 millóns de visitas

16/01/22 | 08:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Oito centros de ensino de Galicia, recoñecidos polas súas boas prácticas en materia de inclusión educativa

A Xunta instaurou estes premios co obxectivo de impulsar, difundir e compartir accións de atención á diversidade nas aulas

15/01/22 | 13:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avanza un investimento de 1,6 M€ para mellorar o Museo Massó e a Illa de San Simón

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade visitou hoxe ambos espazos nos que se actuará para garantir a súa conservación e uso como recurso cultural