Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

25/01/22 | 18:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adica 48.000 euros á instalación dun ascensor no CEIP Humberto Juanes de Nigrán

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou que desde o Goberno galego se está a facer un esforzo por garantir unhas instalacións educativas adecuadas en toda área e adaptadas ao protocolo covid-19

25/01/22 | 14:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza a modernización do proxecto expositivo do Museo do Pobo Galego para poñer a Galicia ante si mesma e seguir promovendo a galeguidade aberta

Subliña o papel do Museo do Pobo Galego como cabeceira espiritual e simbólica da rede de museos antropolóxicos de Galicia, que se potencia co Arquivo, co traballo do Departamento Educativo de Acción Cultural e cun gran afán investigador

25/01/22 | 13:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a segunda convocatoria do seu Hub audiovisual con 1,2 M€ en axudas de capital semente para produtoras que desenvolvan proxectos simultáneos

O DOG publica hoxe as bases desta liña de subvencións, pioneira a nivel estatal, dentro do programa extraordinario para impulsar a recuperación económica do sector en Galicia cun investimento sen precedentes de 9,6M€ ata 2023

24/01/22 | 19:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta salienta a contribución dos novos membros da Academia Xacobea para reforzar o estudo e investigación das peregrinacións a Santiago

Ingresan na entidade a profesora de Dereito Administrativo da USC e secretaria do Grupo Compostela Universidades, María Teresa Carballeira, e o investigador Luis Ferro

24/01/22 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta conmemorará o centenario de Luz Pozo Garza cunha gran exposición na Biblioteca de Galicia que recollerá varias pezas persoais da autora

O Goberno autonómico avanza na programación coa intención de completala con actividades culturais paralelas e algunha iniciativa do eido editorial

24/01/22 | 12:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Colexio de Enxeñaría en Informática poñen en marcha a nova edición do 'Navega con rumbo' para promover o uso responsable de internet

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o presidente do colexio profesional, Fernando Suárez, asinaron o convenio que dá continuidade a este programa, con 240 xornadas formativas para alumnado e profesorado

23/01/22 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza unha nova liña de apoio aos museos para impulsar a actualización e conservación dos fondos e mellorar a súa difusión

Convoca axudas a concellos e entidades privadas sen animo de lucro que sexan titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación

23/01/22 | 14:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
23/01/22 | 13:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incoará a declaración BIC do xacemento do Adro Vello nos vindeiros días

O conxunto sito ao bordo da praia do Carreiro, na parroquia de San Vicente, quedará inmediatamente protexido tras a publicación no Diario Oficial de Galicia

23/01/22 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego ofrece cada luns accións escénicas improvisadas arredor da súa nova produción ‘A Peste’

Nace o programa ‘ImproVersións’, dirixido por Antón Coucheiro, que terá lugar ata o 7 de marzo no Salón Teatro de Santiago para promocionar o espectáculo que vén de estrear o CDG