Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

07/02/22 | 13:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza a "revolución silenciosa" da FP galega que fixo posible en 2021 que 4 de cada 5 titulados atoparan traballo e alcanzar a plena empregabilidade na modalidade dual

Garante o compromiso da Xunta coa FP, potenciando a implantación dos masters; e coa apertura este ano do Centro Galego de Innovación da FP, en Ourense

06/02/22 | 12:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
06/02/22 | 12:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 900.000 euros nas 17 iniciativas impulsadas en 2022 polo plan de convenios de industrias culturais

Esta vía de apoio, complementaria ao programa anual de subvencións, destina máis de 300.000 euros ás artes escénicas, a mesma cantidade á música e arredor de 200.000 euros ao audiovisual, ademais da colaboración coa feira Culturgal

05/02/22 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca 525 prazas de estadías lingüísticas no estranxeiro dirixidas a alumnado de Bacharelato

A Consellería de Educación sufraga entre o 87 e o 50% do custo destas estancias, que teñen como obxectivo que os estudantes galegos melloren as súas competencias idiomáticas nos idiomas inglés, francés e portugués

05/02/22 | 12:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca máis de 50 novas bolsas para impulsar a formación de especialistas en arquivos e bibliotecas

Cun orzamento global de 575.600€, promoverase a aprendizaxe laboral tanto no Sistema de Arquivos de Galicia como na rede de bibliotecas xestionadas pola Xunta

04/02/22 | 13:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un ciclo de conferencias con expertos internacionais sobre a figura de María Casares inaugurará as conmemoracións da Xunta no centenario da artista

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a iniciativa que se celebrará desde o 9 de febreiro no Museo de Belas Artes da Coruña con entrada de balde

04/02/22 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Festival Kerouac leva a poesía galega a México co apoio da Xunta

A poeta galega Fátima Delgado presentará en primicia unha peza dramática para o seu devanceiro, Florencio Delgado, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas

04/02/22 | 11:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a educación en igualdade de oportunidades como piar imprescindible para un rural no que vivir e crecer

Asegura que a Xunta seguirá apostando por un sistema educativo con máis plurilingüismo, con máis libros dixitais e “que ofreza máis servizos”, di, referíndose a aposta pola potenciación dos comedores escolares e do transporte escolar

04/02/22 | 11:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o papel das bibliotecas escolares galegas, un referente estatal, na redución do abandono educativo á terceira parte

Pon en valor o salto cualitativo destes espazos na última década, converténdose en referentes en España en ámbitos como a atención á diversidade

03/02/22 | 15:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta a consolidación da FP como unha ferramenta básica para reducir o abandono escolar tras aumentar o número de titulados un 76% desde o curso 2009-2010

En Galicia impártense uns 162 ciclos formativos e másteres de 23 familias profesionais, o que supón un incremento na oferta do 50% con respecto ao curso 2011-2012