Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

09/02/22 | 14:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o proxecto audiovisual ‘Bailando o Camiño’, que permitirá aprender a divertirse en galego cos bailes tradicionais do Camiño de Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística participa hoxe na presentación desta serie de audiovisuais realizados ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo

09/02/22 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta completa a rehabilitación integral do CPI Pontecesures coa reparación e revestimento de paredes e teitos

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Juan Manuel Vidal, supervisou esta actuación, xa rematada e na que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investiu case 30.000€

09/02/22 | 14:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo valora o compromiso de case 11.000 empresas coa FP en Galicia, convertendo esta modalidade educativa nunha das principais impulsoras do emprego de calidade

Avanza que a nova Estratexia galega de FP cara 2030 impulsará, entre outros aspectos, a innovación e dixitalización; e favorecerá o emprendemento con viveiros de empresas nos centros

08/02/22 | 14:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As axudas da Xunta ás industrias culturais en 2021 suman un investimento de 8,5M€ en máis de 380 entidades e empresas do sector

O DOG publica hoxe a relación dos 505 proxectos beneficiarios das 15 convocatorias de subvencións convocadas o ano pasado pola Axencia Galega das Industrias Culturais, cun incremento de máis do 47% na contía global das adxudicacións

08/02/22 | 12:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove o acceso do alumnado de FP á universidade cun acordo para a convalidación de estudos

Os estudantes que teñan superado ciclos de grao superior e decidan continuar na universidade poderán solicitar o recoñecemento de determinadas materias acorde á táboa de recoñecementos pública e obxectiva

08/02/22 | 12:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre mañá o ciclo de conferencias sobre María Casares coa actriz Johanna Silberstein e o arquitecto Felipe Peña

As intervencións, que serán presentadas polo secretario xeral de Cultura, terán lugar no Museo de Belas Artes da Coruña ás 19,30 horas con entrada de balde

08/02/22 | 10:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O DOG publica o expediente de incoación do BIC do Adro Vello que supón a protección inmediata do xacemento

A declaración fundaméntase no interese como recurso científico e cultural e na importancia histórica e arqueolóxica deste conxunto

07/02/22 | 17:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta mellora a accesibilidade da Casa da Cultura de Guntín para garantir o acceso a todos os veciños

Salienta que o Goberno autonómico dá resposta así ao seu compromiso por impulsar o achegamento á cultura e fomentar as melloras tamén no rural

07/02/22 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta senta as bases para a remodelación da Rede Galega de Música ao Vivo xunto co sector

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse cos responsables das asociacións que representan os intereses dos músicos e das salas para abordar o novo sistema de financiamento deste programa mediante a convocatoria de subvencións