Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

01/03/22 | 11:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta oficializa a protección patrimonial da Torre de Fornelos ao incluila no rexistro de BIC de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que dá resposta a unha solicitude do Concello de Crecente e supón o recoñecemento do seu réxime de salvagarda

28/02/22 | 14:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta únese á homenaxe polo 41 aniversario do pasamento do mindoniense Álvaro Cunqueiro

O programa de actos incluíu a presentación do I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela e a proxección do documental ‘Cunqueiro. A grande ilusión’, ambos apoiados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade

28/02/22 | 12:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta constitúe o Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores para dar pulo a estes estudos como canteira da cultura galega

Román Rodríguez encomenda aos seus novos membros impulsar a súa calidade cara a excelencia

28/02/22 | 11:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Filmoteca de Galicia programa na Fundación Barrié unha retrospectiva do cineasta xaponés Mikio Naruse

Os once títulos que compoñen o ciclo do centro audiovisual da Xunta poderanse ver na Coruña do 2 ao 15 de marzo, con sesións ás 17,00 e ás 19,30 h. e entrada de balde

27/02/22 | 09:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo das Peregrinacións e de Santiago expón unha obra do pintor gótico Martín Bernat cedida polo Museo Nacional do Prado

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou a peza ‘Embarque en Jafa do corpo de Santiago o Maior’ que estará no museo ata 2023

27/02/22 | 09:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina medio millón de euros a mellorar as bibliotecas, arquivos e locais culturais do rural

Ata o 10 de marzo, os concellos poden optar a esta nova convocatoria de axudas para impulsar obras de reforma ou mercar materiais que permitan manter a súa programación

26/02/22 | 12:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia en Madrid a proxección nacional e internacional da arte contemporánea galega

Salienta o carácter estratéxico destas citas para promover as disciplinas artísticas con selo galego e para establecer contactos profesionais

26/02/22 | 11:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia acorda co Ministerio ampliar o marco lexislativo para mellorar a carreira docente

Ofrece como base ao Goberno central o traballo desenvolvido pola Xunta e as tres universidades galega para a identificación das competencias do profesorado

25/02/22 | 21:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ribeira acolle a estrea en Galicia de 'Operación Marea Negra', miniserie de Ficción Producciones e Prime Video co apoio da Xunta

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade asistiu a este pase especial, onde felicitou o equipo polo gran nivel dun traballo que puxo como exemplo do talento creativo e a solvencia empresarial do noso audiovisual

25/02/22 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A nova estratexia de FP Galicia 2030 potenciará a oferta de dobres graos nestas ensinanzas

Neste momento impártense dous proxectos deste tipo en seis centros galegos