Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

16/03/22 | 16:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en valor no exterior a industria audiovisual galega cos 58 títulos do seu catálogo ‘Films from Galicia’

Ofrece unha imaxe competitiva e internacional do sector para a súa promoción exterior, que apoia coa organización de misións comerciais e coa convocatoria de axudas para a difusión en foros de negocio especializados e festivais

16/03/22 | 16:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Insua dos Poetas acollerá a celebración polo Día Mundial da Poesía co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística participa no Carballiño na presentación do programa para festexar a efeméride da Unesco o próximo luns 21

16/03/22 | 12:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta avanza a construción do novo instituto de Navia, cun investimento de preto de 12M€ e capacidade para arredor de 700 alumnos

Co fin e axilizar os trámites e proceder canto antes á licitación, o Goberno galego proponlle ao Concello a colaboración para a cesión de terreos e garantía de permisos municipais

15/03/22 | 20:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez enxalza a contribución da investigación académica para manter vivo o legado de Pardo Bazán

 O conselleiro de Cultura asiste á presentación dun novo ensaio sobre a autora, obra do catedrático da Universidade da Coruña José María Paz Gago

15/03/22 | 17:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Escola de Organización Industrial impulsarán 20 novos proxectos emprendedores vencellados ás industrias culturais e ás TIC

Arranca a sexta edición dos Coworking IGAPE-EOI co inicio das actividades formativas na aceleradora da Cidade da Cultura, á que se suman outros 10 espazos en distintos puntos de Galicia

15/03/22 | 16:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta garante a escolarización inmediata dos nenos ucraínos en idade escolar acollidos en Galicia

 A Consellería de Educación envía unha resolución aos centros coa habilitación dun procedemento extraordinario de incorporación ás aulas deste alumnado
Garantiranse os servizos gratuítos de transporte, comedor e o material escolar necesario

15/03/22 | 11:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Netflix incorporará preto de 70 títulos en galego ao longo do ano coa colaboración da Xunta

A compañía estadounidense impulsa a presenza da lingua galega na plataforma de streaming mediante o subtitulado e a dobraxe dunha selección de títulos

14/03/22 | 17:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa en Vilagarcía o primeiro centro integrado de FP da comarca de Arousa, co reforzo da oferta e un investimento de arredor de 2 M€

O futuro CIFP Fermín Bouza Brey disporá de máis de 400 prazas en oito familias profesionais enfocadas aos sectores industrial, alimentario, de transporte, comercial, socio-sanitario e deportivo

14/03/22 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca 90 prazas de estadías formativas en empresa dirixidas a profesorado de FP

O obxectivo é avanzar na mellora do sistema educativo a través da formación permanente dos seus docentes

14/03/22 | 14:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arranca en Santiago a V edición do festival de poesía ‘Alguén que respira!’ co apoio da Xunta

Esta cita, impulsada en colaboración co Concello de Santiago, ábrese o venres coa participación de Miren Agur Meabe, Ana Romaní, María Cabrera e Antonio Barahona