Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

22/03/22 | 14:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o compromiso da Xunta coa USC a través do impulso do Campus Terra, o apoio á investigación ou o novo plan de financiamento universitario

Salienta que o crecemento nos últimos anos da USC foi impulsado pola súa aposta clara polo talento, pola diversificación pedagóxica e pola especialización formativa

22/03/22 | 13:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén destaca a importancia da enfermería de atención primaria na educación para a saúde

O delegado territorial, Gabriel Alén, visitou hoxe o CEIP Calvo Sotelo do Carballiño que acolleu este taller que permite aos nenos e nenas aprender e perder o medo, xogando

22/03/22 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico abre a vindeira semana o calendario de festivais audiovisuais apoiados pola Xunta

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación da 17ª edición do evento impulsado en Santiago polo Museo do Pobo Galego

22/03/22 | 12:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A produción literaria galega destinada ao público máis novo superou as 150 publicacións no último ano

A escolma das obras recollidas no catálogo suma 157 libros de 23 editoriais, o que supón un incremento de 79 obras máis que o ano anterior e nove novas editoriais

22/03/22 | 12:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inscribe no rexistro BIC de Galicia un hórreo situado no lugar de Covás, en Lalín, o que supón recoñecer a súa máxima protección patrimonial

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que dá resposta á solicitude dun particular que constatou que a súa construción é anterior ao ano 1901

21/03/22 | 15:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta executa obras de mellora no colexio do Vicedo por importe de 232.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que os traballos inclúen a substitución de carpinterías exteriores, o illamento da fachada e a instalación de iluminación LED, o que aumentará a eficiencia enerxética do centro

21/03/22 | 14:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego encara os ensaios finais da súa nova produción ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’ para a súa estrea o 14 de abril

O director da Agadic, Jacobo Sutil, mantivo un encontro no Salón Teatro de Santiago con Marta Pazos, responsable da dirección e da dramaturxia

21/03/22 | 14:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pide ao Ministerio maior diálogo e consenso coas CCAA para construír a universidade do século XXI cun financiamento axeitado

Insta ao Goberno central a mellorar a gobernanza, adaptándoa á evolución das propias universidades e ao sistema adoptado no resto do países europeos

21/03/22 | 13:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta salienta o talento creativo dos artistas contemporáneos galegos e a súa contribución a promover a arte entre os máis novos

Comezará o vindeiro 1 de abril cunha mostra antolóxica sobre Quique Guerra e outra coa participación de máis de 20 artistas que incluirá unha programación didáctica con visitas guiadas e talleres para os escolares da Mariña lucense

21/03/22 | 12:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O conselleiro de Cultura destaca a Florencio Delgado Gurriarán como un poeta senlleiro na larga tradición das letras galegas

Salienta que nestes momentos é máis necesario que nunca apoiar as manifestacións artísticas e poñer en valor o seu compoñente emocional a través de certames, premios e festivais líricos por toda a Comunidade