Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

24/03/22 | 13:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as subvencións a festivais de música e de artes escénicas cunha dotación de 550.000 euros

O DOG publica as bases destas axudas para eventos organizados de xeito profesional, que buscan recuperar os niveis de actividade e emprego anteriores á pandemia

24/03/22 | 12:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Agadea impulsan o I Premio de literatura infantil ‘Simbad para o Recordo e o Alzhéimer’

O secretario xeral de Política Lingüística presenta o galardón que busca concienciar sobre as enfermidades que implican deterioración cognitiva e perda da memoria

24/03/22 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura celebra os 10 anos do museo cun programa de visitas especiais para descubrir ao público espazos ocultos deste sofisticado edificio

A Xunta pon en marcha a iniciativa ‘Baixo a pel do Museo’ na que os participantes gozarán dun percorrido a través de áreas restrinxidas para afondar na complexidade deste equipamento cultural

23/03/22 | 19:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta difunde a lendaria figura de San Cipriano co catálogo da mostra exposta no Museo Etnolóxico de Ribadavia en 2021

A publicación presentada hoxe polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, ofrece un percorrido polas máis de 150 pezas que formaron parte da exposición, da man do seu comisario Félix Castro Vicente

23/03/22 | 13:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia e Portugal afianzan a colaboración en proxectos lingüísticos e educativos

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o embaixador de Portugal en España, João António da Costa, mantiveron unha xuntanza para estreitar relacións no ámbito da lusofonía

23/03/22 | 12:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arias destaca o “salto de calidade” nas instalacións do IES Muralla Romana de Lugo tras a reforma na que a Xunta investiu 500.000 euros

O delegado territorial do Goberno galego explica que se habilitou un taller de 288 metros cadrados para dar resposta ás necesidades de espazo dos ciclos formativos da familia profesional de Imaxe Persoal

23/03/22 | 11:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O talento audiovisual galego recibe unha nova inxección de preto de 200.000 euros en axudas da Xunta

O DOG publica a convocatoria de subvencións para impulsar 19 proxectos: oito curtametraxes, seis guións, tres longas de dirección novel e dúas webseries

23/03/22 | 10:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
22/03/22 | 18:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia propón un novo modelo de carreira docente único e homoxéneo coa potenciación da formación en competencias e un máster dual a nivel nacional

A Consellería presenta un borrador de propostas que será complementado e debatido coas achegas de todos os axentes implicados para plasmalo nun documento final que será elevado ao Ministerio

22/03/22 | 14:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Teatro Principal de Ourense acolle a estrea de ‘O porco de pé’ no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios e co apoio da Xunta

O espectáculo que leva ás táboas a peza de Vicente Risco da man de Producións Teatráis Excéntricas, con Quico Cadaval como director e codramaturgo xunto a Pepe Sendón, poderá verse no escenario ourensán do 30 de marzo ao 1 de abril