Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

26/03/22 | 18:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta dota a Salvaterra de Miño dunha Casa da Música para impulsar estas ensinanzas na vila

O Goberno autonómico destinou 300.000 euros na rehabilitación integral da antiga Casa do Pobo que supón habilitar ata oito aulas específicas para a formación

26/03/22 | 16:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a excelencia da Formación Profesional galega, que acada cinco medallas nas olimpíadas nacionais Spain Skills 2022

Galicia queda terceira en número de medallas de ouro, empatada con Euskadi e Castela e León, só por detrás de Cataluña e Andalucía

26/03/22 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
26/03/22 | 12:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Patrimonio autoriza o proxecto de reforma do viaduto de Ponte Nafonso, que se prevé reactivar nos vindeiros días

Os traballos que se están a realizar buscan o máximo coidado e teñen como obxectivo a posta en valor do patrimonio histórico e cultural que significa a ponte

25/03/22 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 2,5M€ na convocatoria anual de axudas ás novas producións e coproducións audiovisuais

O DOG publica hoxe as bases da liña con maior dotación do plan anual de subvencións ao audiovisual galego da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

25/03/22 | 12:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o Parlamento colaboran na edición dun volume que recompila a obra literaria de Ricardo Carvalho Calero

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na presentación do volume ‘Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa’

25/03/22 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias sinala a Bienal de Cartelismo Francisco Mantecón como unha das mellores plataformas para a proxección exterior de Galicia

A Xunta apoia un ano máis esta iniciativa que combina o enoturismo coa arte mostrando unha Galicia aberta, multicultural e cosmopolita

25/03/22 | 11:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre á cidadanía o proceso participativo para canalizar un reparto xusto e consensuado dos fondos europeos no eido cultural

Vén de habilitase na web de Cultura de Galicia un procedemento para que entidades e persoas interesadas acheguen as súas propostas ata o 19 de abril

25/03/22 | 11:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O novo Plan LÍA avanzará na excelencia das bibliotecas escolares galegas, que son xa referentes a nivel nacional

Os resultados das estatísticas nacionais sitúanas por riba da media española en factores como a formación en diversidade e igualdade

24/03/22 | 13:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a convocatoria para optar ao selo de excelencia dos másters universitarios

As universidades do Sistema Universitario de Galicia dispoñen de dous meses de prazo para presentar as solicitudes a esta distinción de calidade