Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Os centros CEIP San Martiño de Pontevedra, e o Colexio Escolapios de Monforte de Lemos, gañadores do Concurso Ciberseguridade no cole!, que se celebrou hoxe na Cidade da Cultura
O centro CEIP San Martiño, de Pontevedra, acadou o primeiro posto na categoría de primaria e o Colexio Escolapios de Monforte de Lemos, en secundaria
A Xunta aposta pola ciberseguridade para afrontar os retos asociados á transformación dixital
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe durante a clausura do “I Seminario de Intelixencia Empresarial e Ciberseguridade”, organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia, a necesidade da colaboración entre as administracións, empresas e a cidadanía para loitar contra a ciberdelincuencia
Xa se coñecen os finalistas do Concurso Ciberseguridade no Cole!, que terá lugar o día 10 de novembro na Cidade da Cultura
As catro provincias galegas terán representación na gran final do concurso
A directora da Amtega afirma que Galicia dispón dun marco estratéxico para impulsar unha dixitalización sustentable e inclusiva
Sinalou que a Estratexia Galicia Dixital 2030 é o instrumento para impulsar a transformación dixital, favorecendo a acción conxunta das administracións e a participación activa do sector privado
A Xunta destinará en 2022 máis de 209 millóns de euros á transformación dixital, cun incremento dun 80% con respecto aos anos previos á pandemia
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, compareceu hoxe ante a Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos e destacou que as contas para 2022 permiten avanzar na transformación dixital de Galicia nun momento clave para a recuperación económica
O Edificio Fontán acollerá o día 10 de novembro o concurso ”Capture The Flag”, no marco do Encontro Galego de Ciberseguridade Ciber.gal
Está dirixido a calquera persoa maior de idade disposta a poñer a proba os seus coñecementos e habilidades para resolver retos no ámbito da seguridade
O uso de software libre nas empresas tecnolóxicas galegas segue a medrar, e xa son 9 de cada 10 as que optan por este tipo de produtos
O 90,6% das empresas TIC galegas emprega software libre, que aumentou a súa presenza un 3,9% nos últimos catro anos
Xa está aberto o prazo de inscrición para o encontro galego de Ciberseguridade Ciber.gal, que se celebrará os días 10 e 11 de novembro na Cidade da Cultura
Abordará a concienciación en ciberseguridade a todos os niveis con actividades destinadas ao tecido empresarial, á cidadanía e ás Administracións Públicas
O CPETIG e a Xunta visibilzan o papel das mulleres tecnológas no documental ‘”Marxe de erro”
Presentouse hoxe no Centro GaiasTech no marco do Programa DigiTalent para poñer en valor a necesidade da presenza feminina nas carreiras tecnolóxicas e impulsar as vocacións femininas neste eido
A Xunta publica a licitación do acordo marco para mobilizar 30 millóns de euros en solucións baseadas en tecnoloxías avanzadas
A plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicou o venres a licitación do acordo marco para contratos do sector público galego de servizos que requiran da aplicación de tecnoloxías disruptivas