Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Nava Castro pon en valor a excelencia e a calidade de Galicia como destino turístico no izamento da bandeira Q de Calidade no náutico de Boiro
A directora de Turismo, Nava Castro, participou hoxe no acto que tivo lugar na Marina de Cabo de Cruz
Un total de 66 carteis presentáronse ao concurso de cartelismo Terras Gauda-Turismo de Galicia
Este concurso é froito da colaboración entre Turismo de Galicia e a Bodega Terras Gauda para deseñar a imaxe publicitaria das Xornadas das Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia
Nava Castro participa na rolda de prensa da presentación dos premios Excellence que terán lugar esta tarde na Coruña
A directora de Turismo de Galicia avanzou que o turismo de cruceiros creceu na nosa comunidade un 16% respecto a cifra previa á pandemia coa chegada de máis de 78.000 persoas aos portos galegos
A Xunta achega a Ferrol unha exposición de ilustracións sobre o Camiño Inglés retratado por dúas artistas que o percorreron o pasado verán
A mostra, que pode visitarse ata o 28 de xullo, está composta por 25 ilustracións resultado da experiencia da catalá Maru Godás e a irlandesa Róisín Curé como peregrinas o pasado verán
A Xunta participa na Conferencia Sectorial de Turismo que ratifica a aprobación do Plan de sustentabilidade en destino presentado polo Concello da Coruña
A reunión levouse a cabo de forma telemática e nela participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro
Nava Castro pon en valor a paisaxe e a biodiversidade de Galicia nun curso de verán da Universidade de Santiago
A Casa Habaneira de Guitiriz acolle dende hoxe ata o xoves a XIV edición deste curso de verán.
A Xunta espallará os concertos do Xacobeo en xullo e agosto por 9 concellos da provincia con arredor de 70 artistas de primeiro nivel para celebrar un Ano Santo extraordinario
A programación de “Concertos do Xacobeo” inclúe 16 eventos musicais nas comarcas da Coruña, Barbanza, Santiago e Costa da Morte, con actuacións de diferentes estilos que percorrerán vilas e cidades nun espectáculo descentralizado
Arias entrega as bandeiras azuis da Mariña, que son 'un recoñecemento ao turismo sustentable da comarca'
O delegado territorial da Xunta en Lugo lembrou que locen este distintivo 18 praias, tres centros de Burela e Cervo, e o porto deportivo de Ribadeo
Diego Calvo recibe a membros do Parlamento Europeo no marco das xornadas sobre o Camiño e os roteiros culturais europeos
A recepción oficial no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela enmárcase na celebración das xornadas de estudo ‘Os Camiños de Santiago e outros itinerarios culturais: Visións desde Europa’ organizadas pola Xunta e un grupo de eurodeputados no Museo das Peregrinacións