O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe as instalacións

A Xunta entrega un vehículo a Cáritas Lugo para o seu programa de atención a maiores e persoas con discapacidade

Foi financiado a través da orde de axudas con cargo á casilla social do 0,7% do IRPF

O Goberno galego destinou neste ano 2022 un total de 190.000 euros a Cáritas Lugo para a adquisición deste vehículo así como da realización de programas de promoción da autonomía destinado a persoas maiores e con discapacidade

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2022

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixo entrega hoxe a Cáritas Lugo dun vehículo para a realización dos seus programas de atención a maiores e persoas con discapacidade. Esta axuda foi concedida a través da orde con cargo á casilla social do 0,7% do IRPF.

 

O Goberno galego destinou neste ano 2022 un total de 190.000 euros a esta entidade para a adquisición deste vehículo así como para a realización dos seus programas de atención a maiores e persoas con discapacidade. O director xeral lembrou que o Goberno galego confía nas entidades sociais porque teñen demostrado saber atender ás necesidades das persoas en situación de vulnerabilidade.

Imaxes relacionadas