A Xunta concede os premios de ESO ao esforzo e á superación persoal de 20 estudantes
Valoran a capacidade de superación do alumnado de 4º de ESO fronte ás dificultades de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural
A contía de cada premio increméntase un 25% nesta convocatoria
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2022 Un total de 20 estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) veñen de resultar galardoados cos premios da Xunta de Galicia ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22, tal e como poden consultarse no Diario Oficial de Galicia.
Estes galardóns, que cada ano convoca a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, recoñecen a capacidade de superación destes alumnos que estudaron nese curso 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e conseguiron superar as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural, no marco dun ensino comprensivo e integrado. Para tal fin, a Consellería destina un total de 20.000 euros para estes premios a razón de 1000 euros por cada un dos 20 galardóns que se conceden, un 25% máis ca o ano pasado.
Cómpre subliñar que o obxectivo final destes galardóns é que os premiados sexan un exemplo para compañeiros en situacións similares, poñendo en valor o especial esforzo que supón acadar o éxito na escola para os estudantes que proceden de contornos socioculturais desfavorecidos, de contornos familiares disfuncionais, en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal ou a súa inserción social.
Provincia | Concello | Centro educativo |
A Coruña | Ames | IES Plurilingüe de Ames |
A Coruña | Arteixo | IES Manuel Murguía |
A Coruña | Carballo | IES Monte Neme |
A Coruña | Culleredo | IES Rego de Trabe |
A Coruña | Ferrol | IES Ferrol Vello |
Lugo | Burela | IES Perdouro (dous premiados) |
Lugo | Guntín | CPI Plurilingüe Tino Grandío |
Lugo | Lugo | IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes |
Ourense | O Carballiño | IES Nº 1 |
Ourense | Ourense | CPI Plurilingüe José García García |
Pontevedra | Cerdedo-Cotobade | IES de Cotobade |
Pontevedra | Mos | CPR Plurilingüe Lar |
Pontevedra | Mos | IES de Mos |
Pontevedra | Sanxenxo | IES de Sanxenxo |
Pontevedra | Tomiño | IES Antón Alonso Ríos (dous premiados) |
Pontevedra | Vigo | IES Valadares (dous premiados) |
Pontevedra | Vigo | CPR Plurilingüe Escuelas Nieto |