A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, visitou hoxe as obras realizadas nestas instalacións

A Xunta investiu máis de 48.000€ para a reforma do local social de Santa Cruz de Montaos en Ordes

A iniciativa enmárcase dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca


Trátase dun proxecto senlleiro, cuxo obxectivo é poñer en valor a cultura, identidade e vida en comunidade do pobo galego
 

Ordes, (A Coruña) 26 de decembro de 2022

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, visitou hoxe a reforma do local social de Santa Cruz de Montaos, situado no concello coruñés de Ordes. Esta iniciativa enmárcase dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca e supuxo un investimento de algo máis de 48.000 euros.

Cómpre lembrar que os proxectos senlleiros impulsados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural defenden e promocionan os valores culturais do pobo galego, mellorando os espazos e incrementando a oferta de ocio, cultura ou calquera outro servizo básico á súa disposición. A vida en comunidade e a posta en valor de elementos de identidade colectiva son outros dos seus obxectivos principais.

Nesta visita, Inés Santé salientou a importancia deste tipo de iniciativas para dinamizar o rural galego e para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, neste caso, reformando as instalacións do devandito local social. Ademais, reiterou o compromiso da Xunta co agro galego, que se manifesta, entre outras atencións, a través do traballo que realiza a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no eido das infraestruturas sociais e culturais.

Imaxes relacionadas