A Xunta publica a resolución das axudas para a construción ou rehabilitación de centros de atención a maiores ou persoas con discapacidade

Son dez as entidades e os proxectos beneficiados que recibirán ata un máximo de 2 millóns de euros para ampliar e mellorar os seus servizos

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe esta resolución que conta cun orzamento total de 13 millóns de euros e permite a adquisición de terreos para novas edificacións, o acondicionamento de inmobles ou a adquisición de novo equipamento

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2022

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de axudas destinadas a entidades sociais para a construción ou rehabilitación de centros de atención a maiores ou persoas con discapacidade. Esta novidosa convocatoria está dotada de 13 millóns de euros e permitirá renovar a carteira de servizos promovido por estas entidades.

 

Son dez as entidades e os proxectos beneficiados que recibirán un máximo de 2 millóns de euros para ampliar e mellorar os seus servizos. O período de realización das actuacións será do 1 de xaneiro do ano 2022 ao 30 de novembro do ano 2025. Entre as actuacións subvencionables está a adquisición de terreos para novas edificacións, o acondicionamento de inmobles ou a adquisición de novo equipamento.       

 

O Goberno galego aprobou este mesmo ano un plan de investimentos para axudar tamén aos Concellos a renovar e crear novos centros de atención de titularidade municipal. Este plan está dotado de 18,5 millóns de euros e permite fortalecer a rede de centros dedicados á rede de atención a maiores con novas residencias, centros de día, vivendas comunitarias ou centros sociais. No caso desta nova orde, as axudas irán destinadas a centros de carácter social vencellados tamén a atención á discapacidade.

Imaxes relacionadas