O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co presidente da Federación Galega de Hóckey
2022-12-23
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Decembro/semana-04/231222 Audiencia presidente Hockey 1.jpg
Ourense, 23 de decembro de 2022 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá na Delegación Territorial co presidente da Federación Galega de Hóckey, Roberto Barata, tralo recente nomeamento. O novo presidente manifestou que o obxectivo desta nova etapa é continuar o gran traballo dos últimos anos, para seguir coa promoción e crecemento do hóckey galego.
Pola súa banda, Gabriel Alén deulle a benvida a esta nova responsabilidade e desexoulle o maior dos éxitos na nova etapa profesional que comeza; que redundará no beneficio do hóckey de Galicia.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes