A Xunta reforza a colaboración e coordinación en materia de incendios forestais coa Unidade Militar de Emerxencias

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2022.-

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, recibiu ao novo tenente coronel de infantería do V Batallón de Intervención en Emerxencias da Unidade Militar de Emerxencias, Daniel Constantino Casado, para reforzar a colaboración e coordinación en materia de incendios forestais.

Neste senso, o director xeral destacou o traballo desta unidade na nosa Comunidade e agradeceu o seu labor, que se suma ao gran traballo despregado polo propio Servizo de prevención e extinción de incendios forestais da Xunta. Por último, Manuel Rodríguez afondou nas capacidades e procedementos de intervención nos incendios forestais, co fin de unir sinerxías e mellorar a coordinación en materia de extinción.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Medio Rural