A Xunta activa unha alerta laranxa por choivas no suroeste da Coruña
Agárdase unha precipitación acumulada en 12 horas que poderá acadar os 80 mm.
Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
2022-12-23
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2022
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta acaba de activar unha alerta laranxa por choivas no suroeste da Coruña.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará a media mañá de hoxe cunha precipitación acumulada en 12 horas que poderá acadar os 80 mm.
Nesta mesma provincia está tamén activa a alerta amarela por choivas desde primeiras horas da mañá no noroeste, oeste, suroeste e interior cunha precipitación acumulada que poderá acadar os 40 mm. en 12 horas e os 15 mm. nunha hora. A alerta amarela esténdese ademais á zona das Rías Baixas de Pontevedra, onde a precipitación acumulada poderá acadar os 40 mm. en 12 horas e os 20 mm. nunha hora.
Acónsellase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes