Galicia pechou o mes de outubro como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 16,19 días, case 14 días por debaixo da media de comunidades autónomas

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2022

  Galicia pechou o mes de outubro como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Extremadura, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 16,19 días, case 14 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 30,08. Ademais, tamén se situou máis de 13 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, a ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de outubro no 0,31%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,34%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 4.519 millóns de euros, dos que 213 millóns – o 4,7%- corresponden a Galicia.
 
Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma continúa neste 2022 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.
 
 

Período Medio de Pago – Outubro de 2022 (*CCAA réxime foral)

Estremadura
11,02
 
Castela e León
26,97
Galicia
16,19
Canarias
28,41
Cantabria
18,42

TOTAL CC.AA.

30,08
Andalucía
21,13
Cataluña
30,50
C. Valenciana
23,08
Madrid
34,19
A Rioxa
24,04
Asturias
40,76
C.F. Navarra*
24,21
Murcia
44,17
Castela A Mancha
24,85
Baleares
44,25
País Vasco*
25,60
Aragón
71,67