Fernández-Tapias asiste ao acto de iluminación da fachada da Xunta en Vigo como remate do Xacobeo
2022-12-21
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Decembro/semana-04/_LAN5310.jpg
Vigo, 21 de decembro de 2022
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este mércores nos actos celebrados no edificio administrativo do Goberno galego da cidade olívica con motivo do remate do Xacobeo. Así, a fachada da Delegación viguesa foi iluminada coa frecha que marca o percorrido do Camiño de Santiago e coa palabra “grazas” en seis idiomas.
Departamento:
Axencia de Turismo de Galicia