A Xunta licita a mellora do firme en tres estradas autonómicas nos concellos de Arzúa, Boqueixón, Lousame e Touro, que suporán un investimento de máis de 1 M€

O prazo de presentación de ofertas por parte das empresas interesadas en acometer esta intervención rematará o vindeiro 16 de xaneiro
 

A Xunta prevé comezar as obras na primavera co fin de telas rematadas no 2023, xa que contan cun prazo de execución de seis meses
 

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-207, AC-308 e AC-960, que discorren polos concellos de Arzúa, Lousame, Boqueixón e Touro
 

Os traballos consistirán en realizar fresados e reposicións con mestura bituminosa en quente, ademais da renovación da sinalización horizontal
 

A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras
 

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2022

  A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas ao seu paso polos concellos de Arzúa, Boqueixón, Lousame e Touro e que suporán un investimento de 1.006.100 euros.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta licitación, á que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 16 de xaneiro.
A Xunta prevé comezar as obras na primavera, co fin de telas rematadas no 2023, ao contar cun prazo de execución de seis meses.
 
O obxectivo é rehabilitar o firme en varios treitos das estradas AC-207, AC-308 e AC-960, que discorren polos concellos de Arzúa, Lousame, Boqueixón e Touro.
 
Os traballos consistirán en realizar fresados localizados nos treitos de actuación e na reposición con mestura bituminosa en quente, ademais da renovación da sinalización horizontal.
 
A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.