A Xunta felicita á asociación Boa Vida polos seus dez anos axudando ás persoas máis vulnerables na cidade de Pontevedra

 

Pontevedra, 20 de decembro de 2022.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu esta tarde á inauguración das novas oficinas da asociación Boa Vida en Pontevedra onde felicitou a esta entidade polos seus dez anos axudando ás persoas máis vulnerables desta cidade. Durante o evento tamén se entregaron xoguetes e roupa a varias familias no marco da campaña de Nadal.

 

Arturo Parrado sinalou que o Goberno galego colabora con entidades como Boa Vida porque permiten estar ao carón das familias todos os días do ano e alertar sobre todas as posibles necesidades que van aparecendo no seu camiño. A Xunta concedeu a Boa Vida a través da orde de entidades 144.000 euros para seguir impulsando a súa importante labor na cidade do Lérez.

Imaxes relacionadas