Trenor presenta a proposta ruta N-VI premiada pola aceleradora de proxectos turísticos TurisLab

O delegado da Xunta animou a descubrir esta iniciativa de “turismo slow” que ofrece achegarse á riqueza e cultura que discorre polos concellos da estrada Nacional VI que une Madrid e A Coruña

A Coruña, 20 de decembro de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na presentación da Ruta N-VI ,unha proposta de "turismo slow" (con medios de transporte sustentables e favorecendo o coñecemento da cultura e patrimonio local) que discorre pola estrada da Nacional VI que une Madrid e A Coruña.

Trenor lembrou que o Goberno galego premiou hai un ano esta iniciativa, a través de Turislab, a aceleradora de proxectos turísticos posta en marcha pola Xunta, como unha das propostas turísticas máis interesantes.

O delegado da Xunta recalcou que o gran éxito desta proposta turística é que “a Ruta N-VI invítanos a tomar a vida doutra maneira para descubrir que desde Galicia ata a Porta do Sol hai 600 quilómetros, oito provincias, 18 ríos que vadear, oito castelos que atravesar, tres reservas da biosfera, outros tantos portos de montaña, un pobo fantasma e máis de 70 concellos”. “A autoestrada permítenos chegar en menos de seis horas, pero impide saborear algo que agora nos ofrece esta iniciativa da axencia galega Chewaca de Xosé Ramón Novoa e Silvia Vázquez.

Imaxes relacionadas