Patrimonio Cultural autoriza ao Concello de Vigo ao control arqueolóxico para a musealización e posta en valor da Fortaleza do Castro

A Dirección Xeral comunica o seu informe favorable como actividade de prevención do patrimonio

Os materiais que poidan aparecer depositaranse provisionalmente no Museo Municipal Quiñones de León no prazo de seis meses

Vigo, 9 de outubro de 2022

  A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, vén de informar favorablemente ao Concello de Vigo sobre o proxecto de control arqueolóxico para a posta en valor da Fortaleza do Castro.

Así, o departamento autonómico responde ao documento achegado pola Administración local no que se remite o novo proxecto agora denominado “Control e seguimento arqueolóxico das obras de musealización e posta en valor da Fortaleza de O Castro na Defensa de Vigo (Vigo-Pontevedra)”.

A nova autorización de Patrimonio Cultural contén varias condicionantes, como fotografar todas as unidades estratigráficas da intervención, con detalle dos elementos máis representativos, e facer seccións e planos topográficos xerais de resultados do control.

Ademais, os materiais arqueolóxicos que poidan aparecer, e demais documentación complementaria, depositaranse provisionalmente no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo no prazo de seis meses.

Imaxes relacionadas