A Xunta pon en valor a calidade do sector turístico galego nunhas xornadas organizadas polo Clúster de Turismo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe nunha xornada sobre as boas prácticas na xestión turística

Vilagarcía de Arousa, 20 de decembro de 2022 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe xunto ao presidente do Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal,  nunha xornada sobre as boas prácticas na xestión turística, onde puxo en valor a calidade do sector turístico galego.

 

Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo en valor o traballo realizado dende o sector turístico galego para que a competitividade e a excelencia formen parte do turismo de éxito de Galicia, grazas a unha oferta sostible e de calidade.

 

Neste senso, Castro destacou o Plan territorial de sostenibilidade  turística de enogastronomía de Galicia, aprobado recentemente na  Conferencia Sectorial de Turismo cunha inversión de máis de 34,5 millóns de euros, mediante o cal se pon en valor os territorios vitivinícolas e mellórase a comercialización e a promoción de novos produtos turísticos vinculados á enogastronomía galega.