A Xunta remata as obras de mellora da estación de tratamento de auga potable do Concello de Larouco, cun investimento de máis de 48.000 €
As novas infraestruturas hidráulicas foron entregadas hoxe ao Concello
As actuacións aseguran un subministro de auga de calidade mediante a instalación dun equipo de medición da turbidez que axusta o volume de auga que se envía aos filtros
A Xunta continúa colaborando cos concellos para que poidan prestar de modo eficiente as súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración
A Xunta rematou as obras de mellora da estación de tratamento de auga potable do concello de Larouco, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros.
A titularidade das novas infraestruturas hidráulicas foron entregadas hoxe ao Concello.
Con esta intervención asegúrase un subministro de auga de calidade mediante a instalación dun equipo de medición da turbidez que axusta o volume de auga que se envía aos filtros para darlles tempo a realizar a súa función de forma correcta.
Substituíronse as bombas en baixa, dado a súa antigüidade, por unhas de baixo consumo e alto rendemento mediante sistema de variador de frecuencia, de alternancia e de xestión de alarma.
Tamén se mudaron os filtros da planta para garantir a calidade da auga cara aos depósitos de cabeceira.
A Xunta continúa colaborando cos concellos para que poidan prestar de modo eficiente as súas competencias de saneamento, abastecemento e depuración.