A Xunta comezará mañá novos traballos de roza e limpeza nas marxes de 3 estradas autonómicas da provincia de Ourense

Estas intervencións levaranse a cabo na estrada OU-525 en Taboadela; na OU-602 na Rúa; e na OU-320 en Sandiás e en Allariz
 

Continuarán as tarefas xa iniciadas na estrada AC-110, nas Somozas; na autovía AG-59 en Teo; e na vía de altas prestacións VG-1.3 en Oleiros, Cambre e Sada
 

Proseguirán os traballos na vía de altas prestacións CG-2.1 en Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao; na OU-504 no Carballiño, Maside e Leiro; ou na PO-331 no Porriño
 

Desde o ano 2018 a Xunta leva investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas da súa competencia, a través da encomenda á empresa pública Seaga

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2022 A Xunta continuará este luns con novos traballos de roza e limpeza nas marxes de 3 estradas autonómicas ao seu paso pola provincia de Ourense.

 

Estas intervencións levaranse a cabo na estrada OU-525 en Taboadela; na OU-602 na Rúa; e na OU-320 en Sandiás e en Allariz.

 

Tamén continuarán as tarefas xa iniciadas na estrada AC-110 no municipio coruñés das Somozas; na autovía AG-59 en Teo; e na vía de altas prestacións VG-1.3 no seu percorrido polos municipios de Oleiros, Cambre e Sada.

Ademais, proseguirán os traballos na vía de altas prestacións CG-2.1, nos municipios lucenses de Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao; e na estrada LU-751, en Meira e en Ribeira de Piquín.

A próxima semana seguirán tamén estas actuacións de limpeza nas estradas OU-504 no Carballiño, Maside e Leiro; ou na OU-121 no Barco de Valdeorras.

 

Ademais seguirán as rozas iniciadas nas últimas semanas nas estradas da provincia de Pontevedra: na AG-46, CG-4.1, VG-4.6 e VG-4.5 en Moaña e Cangas; na AG-51 en Salvaterra de Miño; na PO-331 no Porriño; e na estrada PO-504 na rotonda do Vinquiño, en Sanxenxo.

 

Control da biomasa

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acomete estas actuacións no marco do contrato coa empresa pública Seaga, por importe de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas de titularidade autonómica para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

 

Estas novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán, nesta nova encomenda, a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.

Como novidade na encomenda de 2022, prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais.

 
Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 lévanse investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Imaxes relacionadas