A Xunta colabora con Acisa Ribadeo na distribución de 20.000 bolsas promocionais do comercio local

Ribadeo (Lugo), 17 de decembro de 2022

A Xunta de Galicia colabora coa asociación Acisa de Ribadeo na distribución de 20.000 bolsas promocionais do comercio local para repartir entre os negocios asociados con ocasión da campaña de Nadal.

 

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, mantivo un encontro en Ribadeo coa presidenta de Acisa, Carme Cruzado, para tratar sobre esta e outras accións que impulsa ou apoia a Xunta co propósito de animar á cidadanía a mercar nos establecementos de proximidade.


Nese sentido, Arias destacou as medidas para incentivar as compras como o Bono Activa Comercio, que pode gastarse ata o 31 de decembro e conta con medio cento de locais adscritos en Ribadeo. O delegado avanzou que no conxunto da provincia de Lugo xa se mobilizaron vendas por valor de 1,2 millóns de euros no que vai desta edición. Tamén puxo en valor a colaboración constante da Xunta coas entidades como Acisa a través das axudas a asociacións e federacións de comerciantes para impulsar a súa actividade.

Imaxes relacionadas