Trenor participa na III Gala do Deporte de Ordes na que se recoñeceron os méritos dos deportistas deste concello

Ordes (A Coruña), 16 de decembro de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na III Gala do Deporte de Ordes na que se recoñeceu os méritos deportivos dos deportistas, clubes, asociacións, escolas deportivas e entidades deste Concello. 

Trenor destacou “o especial valor que entrañan estes premios que hoxe repartimos. Son premios votados e entregados polos veciños; polo pobo de Ordes. Ese carácter popular é un valor engadido que non ten comparación con ningún outro”.