A Xunta apoia a celebración do 30º aniversario de Proyestegal e pon en valor o seu labor a prol do agro

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias participou esta tarde no acto de celebración
 

José Balseiros destacou que esta entidade vén realizando traballos para a Consellería do Medio Rural en eidos como os controis sobre o terreo das axudas da PAC

Lugo, 15 de decembro de 2022 O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou esta tarde no acto de celebración do 30º aniversario de Proyestegal, que se desenvolveu no Hotel Torre de Núñez da capital lucense. Neste evento, o director xeral puxo en valor o labor desta empresa a prol do agro galego.

Así, Balseiros destacou que esta entidade vén realizando traballos para a Consellería do Medio Rural en eidos como os controis sobre o terreo das axudas da PAC ou os proxectos técnicos para o desenvolvemento de diferentes procesos de concentración parcelaria, así como de polígonos agroforestais.

Por estes labores, a empresa con sede en Lugo recibiu entre 2015 e 2022 preto de 1 millón de euros, distribuídos en diferentes contratos coa Consellería.

Imaxes relacionadas