Nava Castro e Javier Arias visitan as obras da área de descanso para peregrinos en Sarria

A directora de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo visitaron os traballos executados ao amparo das axudas para o embelecemento do Camiño de Santiago
 

A Xunta investiu 15.000€ para a restauración da área de descanso para peregrinos na contorna do Camiño de Santiago

Sarria (Lugo), 15 de decembro de 2022 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro,  e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron esta mañá as actuacións realizadas na área de descanso para peregrinos do concello de Sarria, que contou cunha axuda do Goberno galego de  15.000 euros.

 

Tal e como lembrou a directora de Turismo de Galicia durante a súa intervención, coa convocatoria desta axuda, a Xunta mantén a súa aposta por ofrecer a mellor imaxe do Camiño e de Galicia en xeral. “Avanzamos nun Camiño mellor sinalizado, con máis puntos de descanso e de acollida, máis accesible e sostible e tamén máis seguro”.

 

A obra fíxose ao amparo da liña de axudas do Goberno galego para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopan na contorna do Camiño de Santiago, dotada dun importe de 1,5 M€.