A Xunta visita os usuarios da residencia de maiores pública autonómica de Marín

Marín (Pontevedra), 15 de decembro de 2022 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe aos usuarios da residencia de maiores pública autonómica de Marín en vésperas das festas de Nadal.

 

O director xeral destacou a importancia de acompañar aos nosos familiares e maiores que residen nestes centros para que ningunha persoa que sinta soa nestas datas. Pola súa banda, as residencias ultiman preparativos das actividades que amenizarán estas vindeiras semanas.

Imaxes relacionadas